Entradas
- Que di a investigación sobre a mediación escolar en Primaria
Unha revisión sistemática dos estudos publicados en España entre 2020 e 2026, presentada no XI Congreso Iberoamericano de Justicia Terapéutica.
- Por que os programas de convivencia se apagan no segundo curso
Os programas de mediación escolar rara vez se interrompen por un fracaso. O habitual é que caian por un traslado ou por falta de horas asignadas.
- Onde se concentran os conflitos en Primaria
Os dous estudos publicados en España coinciden en sinalar o patio, e iso ten consecuencias prácticas para calquera programa de convivencia.
- Alumnado axudante e alumnado mediador non son a mesma figura
Úsanse como sinónimos e non o son. Confundilas fai que un centro anuncie un servizo de mediación que en realidade non ten, ou ao revés.
- Por que o acoso escolar non se media
A mediación esixe que as dúas persoas negocien en igualdade, e no acoso esa condición non se cumpre. O que corresponde entón é o protocolo.
- Que obriga a lei en materia de mediación escolar
Os catro artigos da LOMLOE sobre convivencia, o que engade o Decreto 8/2015 en Galicia e o que ningunha norma concreta.
- Que cambiou en abril de 2025 antes de poder demandar
A Lei Orgánica 1/2025 esixe acreditar o intento dun medio axeitado de solución de controversias antes de presentar unha demanda civil.
- Mediación, conciliación e arbitraxe non son o mesmo
Tres vías para resolver un conflito sen sentenza, que se confunden a miúdo. Diferéncianse en quen toma a decisión final.
- Que pasa na sesión inicial
É a primeira reunión e a que máis dúbidas xera. Serve para saber se o asunto é mediable e para decidir con información, non para comezar a negociar.
- Que esixe a lei para exercer de mediador
Titulación, formación específica e seguro de responsabilidade civil son obrigatorios para exercer. A inscrición no rexistro do Ministerio, non.
De onde saen
Da liña de investigación sobre mediación escolar en Educación Primaria e da lectura da normativa.