Ir ao contido
Mediación
ES

Sobre min

Formación e traxectoria

Vivo en Caldas de Reis, traballo con centros educativos da provincia de Pontevedra e atendo en liña a mediación familiar e civil.

Cheguei á mediación desde a aula. Antes de formarme como mediador pasei tres anos en intervención directa con nenas, nenos e adolescentes en situación de vulnerabilidade, e foi alí onde aprendín a xestionar os conflitos de convivencia.

Retrato de Marcos

Formación

Cursei o Grao en Educación Primaria na Escola Universitaria CEU de Maxisterio, adscrita á Universidade de Vigo, entre 2021 e 2025, e o Mestrado en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social na Universidade de Vigo, que rematei en xullo de 2026. Entre as dúas titulacións suman 300 créditos ECTS.

A miña formación habilitante en mediación é o curso de mediación civil, familiar, mercantil e comunitaria pola UNED, que superei en setembro de 2026. Cumpre os requisitos de formación específica que o artigo 11 da Lei 5/2012 e o Real decreto 980/2013 esixen para exercer.

Experiencia

Máis de tres anos de intervención directa con nenas, nenos e adolescentes en situación de vulnerabilidade, en tres contextos distintos.

  • Profesor de reforzo educativo

    Asdegal, AVV Cristo da Vitoria (Vigo) · Outubro de 2023 – xuño de 2026

    Apoio e seguimento individualizado de nenas, nenos e adolescentes en situación de vulnerabilidade social, nunha contorna de alta diversidade cultural e socioeconómica. Xestión de conflitos de convivencia, mediación entre iguais e coordinación continua coas familias.

  • Profesor de apoio en centro residencial

    Asdegal, Trinitarias (Vigo) · Marzo – xuño de 2025

    Intervención educativa con nenas, nenos e adolescentes en acollemento residencial, con deseño de intervencións individualizadas e seguimento de cada caso.

  • Mestre de Educación Primaria, prácticum

    CPR Labor · Outubro de 2024 – febreiro de 2025

    Acompañamento de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e traballo de aula sobre conflitos e desregulación emocional, xunto ao equipo de orientación.

  • Profesor de apoio educativo

    CPR Don Bosco · Novembro de 2021 – abril de 2022

    Apoio académico e atención individualizada a alumnado con necesidades de apoio.

Investigación

O meu traballo de fin de mestrado foi unha revisión sistemática, conforme ao protocolo PRISMA 2020, sobre a eficacia dos programas de mediación escolar en Educación Primaria en España, dirixido pola Dra. Raquel Vázquez Pérez.

O traballo de fin de grao foi un censo da enfermaría escolar en Galicia: identifiquei e verifiquei un a un vinte e dous centros e vinte e seis profesionais, e publiquei un mapa interactivo que construín en HTML, CSS, JavaScript e Leaflet.

Agora preparo a tese de doutoramento no Programa de Doutoramento en Xestión e Resolución de Conflitos da Universidade de Vigo. Continúa a liña do mestrado: o deseño, a implantación e a avaliación dun programa de mediación escolar en Educación Primaria.

Publicacións e traballo en curso

Noutros sitios

Contacto

Se quere expoñerme un caso ou consultar pola formación ou o acompañamento ao seu centro, pode escribirme.

Contacto