Ir ao contido
Mediación
ES

Mediador · Provincia de Pontevedra

Mediación civil,
familiar e escolar

Son Marcos, mestre de Educación Primaria e mediador, coa formación habilitante en mediación e tres anos de intervención directa con nenas, nenos e adolescentes en situación de vulnerabilidade.

A mediación civil e familiar atendese en liña, para toda España. No ámbito escolar, o traballo con centros da provincia de Pontevedra vai unido a unha liña de investigación propia sobre mediación entre iguais en Educación Primaria.

Traxectoria completaInvestigaciónContacto

Ámbitos

  • Mediación civil

    Comunidades de propietarios, arrendamentos, obras e reformas, reclamacións de cantidade e desacordos entre socios ou entre fincas veciñas. Desde abril de 2025 a lei esixe acreditar o intento dun medio axeitado de solución de controversias antes de presentar unha demanda civil.

  • Mediación familiar

    Rupturas de parella, organización do coidado de persoas maiores e desacordos entre irmáns por unha herdanza. En liña, para toda España.

  • Mediación escolar

    Formación do profesorado e acompañamento a centros de Educación Primaria da provincia de Pontevedra que queiran poñer en marcha a mediación entre iguais. É tamén o obxecto da liña de investigación en curso.

Que é a mediación

Un procedemento voluntario e confidencial no que dúas persoas buscan un acordo coa axuda dunha terceira persoa imparcial, que conduce a conversa sen xulgar o asunto nin impoñer unha solución. Deciden as persoas implicadas, non o mediador.

O que fai o mediador

  • Ordena a conversa e reparte a quenda de palabra.
  • Separa as posicións de partida do que cada persoa necesita.
  • Axuda a que as propostas saian de quen participa.
  • Redacta o acordo e levanta a acta final.

O que non fai

  • Decidir quen ten razón.
  • Asesorar xuridicamente a ninguén.
  • Substituír o avogado nin un tratamento psicolóxico.
  • Prometer un acordo nin un prazo para alcanzalo.

Como se desenvolve unha mediación

Como comeza

  1. 01

    Primeiro contacto

    Na mensaxe abonda con indicar por escrito o motivo. Non fai falta describir o conflito nin achegar documentación.

  2. 02

    A sesión inicial

    Serve para analizar a fondo o asunto, ver se é mediable e explicar como funcionaría.

  3. 03

    A decisión

    Coas condicións e o custo enriba da mesa, cada persoa decide se segue adiante.

Desde onde se traballa

Retrato de Marcos

A maioría dos mediadores chega desde o dereito ou desde a psicoloxía. Aquí a formación de orixe é a docencia, e o traballo con nenas, nenos e adolescentes é anterior á formación como mediador.

Créditos ECTS entre grao e mestrado
300
Anos de intervención con infancia e adolescencia
3

A miña formación habilitante é o curso de mediación civil, familiar, mercantil e comunitaria da UNED, que cumpre os requisitos que esixe a lei. Antes cursei o grao en Educación Primaria e o mestrado en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social.

Traxectoria completaA liña de investigación

Dúbidas frecuentes

É obrigatorio chegar a un acordo?

Non. Ninguén está obrigado a permanecer no procedemento nin a concluílo con acordo, e retirarse non esixe xustificación.

O que se fale pódese usar despois nun xuízo?

Non. A confidencialidade alcanza a toda a información do procedemento, con dúas únicas excepcións: que as persoas implicadas a dispensen por escrito, ou que o pida un xuíz penal mediante resolución motivada.

Fai falta avogado?

Para mediar, non. Si é recomendable que un avogado revise o acordo antes de asinalo, sobre todo cando hai fillos ou fillas menores de idade, bens ou cantidades polo medio.

Todas as preguntas frecuentes

Notas recentes

Todas as notasA mediación na lei

Primeiro contacto

Cos centros educativos, o primeiro paso é unha conversa para coñecer o que xa ten feito o centro e se lle interesa a formación do profesorado, o acompañamento ou a intervención nun conflito concreto.

En mediación familiar e civil, o procedemento comeza cunha sesión inicial na que se explican as condicións e cada persoa decide se segue adiante.

Contactar