Tese de doutoramento
«Da norma á práctica: deseño, implementación e avaliación dun programa de mediación escolar en Educación Primaria»
Programa de Doutoramento en Xestión e Resolución de Conflitos, Universidade de Vigo.
A normativa leva máis de dúas décadas impulsando a mediación nos centros e a LOMLOE incorporouna de forma expresa ao plan de convivencia obrigatorio. A investigación empírica non seguiu ese ritmo, e en Educación Primaria apenas existe.
A tese proponse deseñar un programa de mediación para un centro concreto, implantalo durante un curso completo e avaliar tanto os seus resultados sobre a convivencia e as competencias socioemocionais do alumnado como as condicións organizativas que permiten que siga funcionando unha vez concluída a intervención. Apóiase na ética do coidado e nos enfoques da xustiza restaurativa e da xustiza terapéutica.
Ningún dos estudos dispoñibles se sitúa en Galicia nin analiza o encaixe da mediación no seu marco autonómico, e ningún aborda a implementación como obxecto de estudo.
Revisión sistemática
«A mediación no ámbito escolar». Traballo de fin de mestrado, Universidade de Vigo, 2026. Dirección: Dra. Raquel Vázquez Pérez.
Revisión sistemática conforme ao protocolo PRISMA 2020 sobre a eficacia dos programas de mediación escolar en Educación Primaria en España entre 2020 e 2026.
- Bases de datos consultadas
- 6
- Rexistros identificados
- 52
- Cribados despois dos duplicados
- 49
- Estudos incluídos
- 2
De cincuenta e dous rexistros quedaron dous. Que queden tan poucos reflicte o pouco que se investigou a mediación escolar en Primaria en España.
- Os dous estudos documentan efectos positivos
Redución da violencia escolar percibida, mellora dos estilos colaborativos de xestión do conflito e desenvolvemento de competencias socioemocionais, tanto no alumnado mediador coma no conxunto do grupo.
- A escaseza de evidencia é o achado principal
Dous estudos en seis anos son insuficientes para soster unha esixencia normativa que alcanza a todos os centros. Esa distancia entre o que a lei pide e o que a investigación documenta é o punto de partida da tese.
- O profesorado é o factor crítico
Os dous traballos sinalan a falta de coordinación docente como o principal condicionante da eficacia, e ningún dos dous o estuda de forma directa.
Publicacións e comunicacións
- Recensión, 2025
Núñez Pérez, M. Recensión de Benítez-Hidalgo, V., Henares-Montiel, J., Ruiz-Pérez, I. y Pastor-Moreno, G. (2024). International Prevalence of Technology-Facilitated Sexual Violence Against Women. Gender on Digital: Journal of Digital Feminism, 3, 127-132.
- Comunicación, 2026
Núñez-Pérez, M., Vázquez-Pérez, R., Rodríguez-González, A. M. y Rolán, K. La mediación escolar en Educación Primaria en España: una revisión sistemática. XI Congreso Iberoamericano de Justicia Terapéutica y II Congreso Iberoamericano de Justicia Restaurativa, Guatemala.
Comunicación oral, presentada o 24 de outubro de 2026. Os resultados resúmense nunha nota.
Traballo previo
«Mapa actualizado de la enfermería escolar en Galicia y análisis de su importancia educativa a través de un estudio de caso». Traballo de fin de grao, Universidade de Vigo, 2025. Titoría: Mónica Sánchez Santiago.
Censo propio da enfermaría escolar en Galicia, elaborado porque non existía ningún actualizado: vinte e dous centros educativos e vinte e seis profesionais, identificados e verificados un a un mediante contacto directo cos centros e coas asociacións do sector. O resultado é un mapa interactivo público con filtros, buscador e exportación de datos, construído en HTML, CSS, JavaScript e Leaflet.
Outras actividades
Entre novembro de 2025 e febreiro de 2026, bolsa de formación na Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, co deseño e a cofacilitación dun obradoiro sobre igualdade e prevención dirixido a alumnado de 4.º da ESO.