Titular
- Titular
- Marcos Núñez Pérez
- NIF
- 35631698Y
- Correo
- marcos@mediacionmnp.es
- Sitio web
- mediacionmnp.es
Actividade
O titular é mediador. A actividade de mediación aínda non comezou.Conta coa formación específica que esixe o artigo 11 da Lei 5/2012, e a súa situación respecto do Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación do Ministerio de Xustiza descríbese en sobre min e ao pé de todas as páxinas.
Este sitio ten finalidade informativa. O seu contido non constitúe asesoramento xurídico nin psicolóxico, e consultalo non crea ningunha relación profesional entre quen o le e o titular. Esa relación nace unicamente cando se acorda por escrito o inicio dun procedemento de mediación.
Condicións de uso
Pode consultar, imprimir e compartir o contido deste sitio citando a súa procedencia. Non o pode reproducir con fins comerciais nin presentalo como propio.
Os textos son orixinais do titular, agás as citas de normativa e de traballos alleos, que aparecen identificadas coa súa referencia. As tipografías Source Serif 4 e Public Sans utilízanse baixo licenza SIL Open Font License.
Está prohibido utilizar os medios de contacto do sitio para enviar comunicacións comerciais non solicitadas ou contido ilícito.
Ligazóns a outros sitios
Algunhas páxinas ligan con sitios de terceiros, como repositorios académicos ou portais da Administración. Esas ligazóns ofrécense como referencia e o titular non responde do seu contido nin das súas condicións de uso, que dependen de quen as xestiona.
Aloxamento
Este sitio está aloxado en Netlify, Inc., con sede nos Estados Unidos. O tratamento dos datos que se envían a través do sitio detállase na política de privacidade.
Responsabilidade
O titular procura que a información publicada sexa exacta e estea ao día, e en particular que as referencias normativas se correspondan co texto vixente. Aínda así, a normativa cambia e as páxinas poden quedar atrás: nada do que aquí se publica substitúe o texto oficial dunha norma nin o criterio dun profesional sobre un caso concreto.
Se detecta un erro ou unha referencia desactualizada, pode avisar desde a páxina de contacto e corrixirase.
O titular non responde das interrupcións do servizo, dos fallos técnicos nin dos danos derivados do uso do sitio, na medida en que a lei o permita, nin do contido dos sitios alleos cos que se liga.
Lexislación aplicable
As relacións derivadas do uso deste sitio réxense pola lexislación española. Para calquera controversia serán competentes os xulgados e tribunais que correspondan segundo a normativa vixente.
Se detecta algún erro nesta páxina ou quere expor calquera cuestión sobre ela, pode comunicalo desde a páxina de contacto.